Axuda do IGAPE ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa) cofinanciado polo FEDER

Versión para impresoraEnviar a un amigoVersión en PDF

Obxecto:

Convocar para 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), para os proxectos previstos nos seguintes apartados do artigo 1 das bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 20 de abril de 2010 e publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 no Diario Oficial de Galicia n.º 100, do 28 de maio, e a súa modificación, acordada polo dito Consello de Dirección o 13 de outubro de 2011 e publicada mediante Resolución do 22 de marzo de 2012 no DOG n.º 64, do 2 de abril.

As presentes axudas poderanse conceder a pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), contrucción, turismo, comercio e servizos, e a organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes de estes sectores.

Beneficiarios:

1.- As pequenas e medianas empresas (pemes) ou que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten con, alomenos, un empregado con contrato laboral.

2.- Os organismos intermedios, entendendo como tales:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.

Fin de prazo: 23/05/2012